Level 2
Level 1

1-15 Fácil


15 words 0 ignored

Ready to learn       Ready to review

Ignore words

Check the boxes below to ignore/unignore words, then click save at the bottom. Ignored words will never appear in any learning session.

All None

Ignore?
Ábside
Parte da igrexia situada na cabeceira e que ten forma semicircular ou poligonal e sobresae da fachada posterior
Altorelevo
Escultura non exenta na que o relevo sobresae máis da metade do bulto respecto ao plano do fondo
Aparello almofadado
Forma na que se dispoñen os elementos na construcción dun muro consistente nun paramento consitituido por sillares cuxos bordes ou xuntas están refundidos en relación ás caras
Aparello cachotería
Forma na que se dispoñen os elementos na construcción dun muro a base de pedras sen labrar ou pouco labradas, toscas ou irregulares, colocados sen orden de tamaños e fiados e unidos con argamasa
Aparello de cantería
Forma na que se dispoñen os elementos na construcción dun muro a base de sillares ben trabados e regulares. Denomínase soga e tizón cando os sillares (pedra labrada en forma paralelepípeda) alternan os lados longo e curto
Arcobotante
Segmento de arco qe sobrevoa o tellado da nave lateral e que transmite o empuxe lateral da bóveda central ao contraforte. Tamén serve para conducir a auga da chuvia a través dun canal excavado no seu extrados ata a gárgola. Será fundamental no gótico
Arco apuntado
É aquel que consta de dous segmentos de arco que forman ángulo cóncavo. Chámaselle oxival porque ten forma de medio ollo
Arco de ferradura
Arco ultrasemicircular, ou sexa, que ten unha curva que sobrepasa a circunferencia nunha metade ou nun tercio de radio. Utilizado polos hispanovisigodos e no estilo musulmán posterior
Arco de medio punto
Aquel semicircular que ten a frecha igual á semiluz. A súa proxección lineal no espazo enxendra a bóveda de canón ou de medio canón. Empregado na arte romana e renacentista
Arco faixón
Chamado tamén perpiaño. É aquel que se dispón transversalmente ao eixe da nave, cinguindo a bóveda
Arco formeiro
Aquel que é paralelo ao eixe lonxitudinal da nave e que a separa da nave contigua
Arco peraltado
Aquel cuia frecha é maior que a súa semiluz. Tamén se chama realzado
Arco rebaixado
Aquel que ten a frecha menor que a súa semiluz
Arquitrabe
Parte do entaboamento onde descansa o friso. Colócase por riba da última parte do capitel
Arquivolta
Cada un dos arcos abocinados dunha portada, normalmente románica ou gótica, que adoita estar decorada con estatuas ou figuras